Dada a previsión de choiva nos vindeiros días adiántase o peche, do domingo 11 a hoxe día 6
A piscina municipal de Tui, que tiña previsto o seu peche este domingo día 11, adianta a data a hoxe día 6, en vista das previsións meteorolóxicas que indican choivas nos vindeiros días.
Logo dun intenso e caloroso verán no que acolleron os habituais campamentos de nen@s do concello, e a visita de turistas e tudenses que se achegaron ata estas dependencias para refrescarse, as instalacións municipais do concello pechan ata o vindeiro ano.