A colección, que recolle os traballos de ‘O Porriño Arte”, componse de 44 obras que estarán expostas ao público durante o mes de setembro
O Círculo Recreativo Cultural acolle a exposición “Punto de encuentro”; unha mostra composta por 44 obras que acreditan o talento e boa técnica dos artistas que compoñen a asociación O Porriño Arte -dirixida por Nuria Vilanova-. inaugurada onte e
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acudiu o xoves ao acto inaugural da exposición, que recolle os traballos de todo o curso dos artistas da asociación Andrea Cardoso, Rosa Pereira, Raquel Souto, Ana Carrera, Adela Crespo, Antía Lorenzo, Chola Amoedo, Pepa Carrera, Susana Carballas, Martina Caride, Breixo Paz, Mara Vicente e Candela Eiras.
A mostra permanecerá aberta ao público no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño durante todo o mes de setembro, en horario de tarde.