Sthela Táboas 03/09/2022

A música ambienta este sábado a vila para dar paso este domingo ao protagonista desta festa, coa preparación de 20.000 racións de callos a un prezo de 8 €

Salceda disfruta xa da programación da XXVIII Festa dos Callos, que foi presentada o pasado luns polo Concelleiro de Cultura e Festexos, Álex Rodríguez, coa presenza da alcaldesa, Verónica Tourón; o Presidente do Grupo Señorío de Rubiós, Antonio Méndez e os representantes do Grupo Coren, Fernando Córdoba e Alejandro Alonso.

Un dos puntos importantes a destacar na volta á normalidade da festa é que se mantén o prezo das últimas edicións. A ración de callos para degustar na propia festa, incluíndo o viño, o pan, o prato e a cunca, terá un prezo de 8 €, podendo tamén levar os callos “en tarteira” a 6 € a ración. Ademais, por terceiro ano, na festa serviranse tamén callos sen gluten para que as persoas celíacas non deixen de desfrutar do evento.

O presidente Antonio Méndez quixo mostrar o seu agradecemento ao Concello de Salceda de Caselas por contar un ano máis coa adega das Neves para a cita gastronómica, e presentou o viño que acompañará aos Callos esta fin de semana, un Sousón Tinto de Señorío de Rubiós, a uva máis abundante de Rubiós, e que grazas ao traballo feito especialmente por esta bodega, os tintos Rías Baixas contan cada vez cunha maior calidade.

Alejandro Alonso, o mestre cociñeiro encargado da elaboración do prato confirmou que se prepararán en torno as 20.000 racións de callos, para as cales se empregarán 1.900 kg de ventre de vacún, 920 kg de carne de pata de tenreira, 2.200 kg de garavanzo remollado, 425 kg de lacón e 350 kg de chourizo galego, co seu sofrito correspondente, que sumarán un total de máis de 5.000 kg de produto.

A preparación dos callos comezará sobre a 1:30 h da madrugada para facer a mestura do sofrito coas carnes sobre as 7:30 h, ter o produto preparado ás 8:30 h e que os callos se atopen no seu punto para empezar a despachar sobre as 09:30 h momento no que se abrirán as billeteiras animados por Animar-T e charanga Nova Jomada.

Fernando Córdoba, director da unidade de conservas e pratos do grupo de Coren definía a Alejandro como un claro referente de esforzo, traballo, compromiso, dedicación e sobre todo cercanía coa cultura galega, destacando tamén a importancia para o grupo Corén de poder colaborar coas administracións públicas neste tipo de eventos, que fan que se poña en valor un prato tan representativo da cultura galega como os Callos.

A cita, acompañada por unha ampla programación preparada polo Concelleiro de Cultura Álex Rodríguez que comezou o xoves día 1, incluíu a volta de citas consolidadas como o XIV Serán dos Callos e a primeira edición do Concurso de Charangas, organizado xunto á Charanga SGHAE, que durante toda esta tarde de sábado deixan a música e o ambiente festeiro nas rúas e praza da vila.

Pepo Suevos será o encargado de dar o pregón da festa o domingo ás 12 do mediodía, pregoeiro que volverá subir ao escenario ás 20.00 h no Auditorio Municipal para ofrecer o seu show. Esta é solo unha pequena mostra do amplo abano de propostas culturais e de ocio que acompañarán os callos durante toda a fin de semana.

O concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, explicou que “este ano volvemos a organizar a Festa dos Callos co seu formato tradicional, nunha fin de semana que sirve de motor dinamizador da economía e turismo da vila, e no que recibiremos a visita de milleiros de persoas de Salceda e da contorna, para o cal é imprescindible o traballo e esforzo dos empregados municipais e do voluntariado”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, indicou que “nesta edición recuperamos o pulso da Festa dos Callos con moita forza, con novidades e coa ilusión de que a nosa veciñanza poida desfrutar como sempre dunha cita gastronómica tan importante para o noso pobo. Esta fin de semana Salceda volverá a ser esa vila acolledora  a que acudiran milleiros de visitantes para celebrar connosco á volta á unha das nosas festas máis importantes”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad