Sthela Táboas 18/06/2022

O PSOE do Porriño lamenta o retraso dos orzamentos municipais e advirte ao Partido Popular que sen plan de inversións e a cofinanciación municipal da eliminación do paso a nivel, se esqueza de negociar cos socialistas

O grupo municipal socialista lamentou hoxe “o retraso na presentación dos novos orzamentos municipais para o 2022 por parte do goberno municipal”.

No que vai de ano, os grupos municipais só  recibiron un borrador de ingresos e  de gastos,  pero non o plan de inversión dos novos orzamentos, Polo que o PSdeG-PSOE do Porriño indica que “a este ritmo non teremos orzamentos antes de setembro-outubro, xa co ano feito”.

 O secretario xeral e voceiro voceiro socialista porriñés, David Alonso, destacou que “a día de hoxe, o noso grupo non recibiu información algunha do plan de inversión municipal, nin de obras comprometidas e aprobadas no propio pleno.”

A agrupación socialista afirma que “para comezar a valorar o proxecto de orzamentos do Goberno local, teñen que recibir unha proposta seria e crible de plan de inversións, onde por suposto, debe existir unha partida importante para incluir a cofinanciación municipal da obra do Ministerio de Fomento para eliminar o paso a nivel, presentado polo goberno socialista. Esta é unha condición innegociable para comezar a valorar o proxecto dos orzamentos, ademáis doutras inversións”.

“Os socialistas deixamos un importante remanente de Tesourería positivo, que se pode adicar a obras ou aquisicións, pero o goberno ten que facer os deberes e presentar un borrador de orzamentos para negociar coa corporación; e a estas alturas, cando o trámite de aprobación dun orzamento é de 2-3 meses, apenas haberá posibilidad de executalos”, destacou David Alonso, tildando este feito de “mala xestión económica e escasa planificación”.

Así mesmo, resaltan os socialistas  “o alcalde se aproveita das obras que fan outras admistracións, como a gardería da Zona Franca no Polígono das Gándaras ou a inversión do Consorcio de Augas do Louro, que por certo é menor da esperada” referíndose neste último caso a unha publicación do PP porriñés nalgún medio en marzo do 2020, na que afirmaban “Somos conscientes de que rematar a rede pública de saneamento supón unha inversión duns 18 millóns de euros, e que é esencial que o goberno local se comprometa en firme e prime a planificación fronte á improvisación para conquerir maior eficiencia no investimento e avanzar cara a conquerir o  saneamento para tódolos veciños do Porriño”, declaraba Alejandro Lorenzo neses intres dende a oposición .

“Agora Alejandro Lorenzo ata recoñece que existe un proxecto para eliminar o paso a nivel” di o PSOE, pois cando estaba na oposición poñíao en dúbida.

O grupo socialista preguntará polo orzamento no vindeiro pleno. “Se non temos un o plan de inversións do orzamento neste mes, perderase a oportunidade de facer inversións no 2022” e rematan os socialistas engadindo “Que o PP non conte con nós se non se dan estas circunstancias”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad