O Concello do Porriño agarda poder reabrir as instalación en 48 h mentres se trata a auga cun tratamento de choque “leve”
A concellería de Deportes do Porriño, dirixida por Abel Estévez, informou do peche temporal da piscina municipal para devolver a auga ao seu estado óptimo para os seus usuarios, logo de detectarse presenza da bacteria Escherichia coli nun control rutinario da mesma na mañán deste mércores.
A Escherichia coli é unha enterobacteria e forma parte da flora do tracto gastrointestinal das persoas e dos animais. Según o seu tipo poden non dar síntomas ou ben provocar diarrea, infeccións urinarias, enfermidades respiratorias ou infeccións do torrente sanguíneo.
Aínda que según indican dende o Concello os niveis son “baixos”, tal e como a normativa sanitaria establece, as instalacións permanecerán pechadas unhas 48 h; tempo estimado do tratamento de choque “leve” e repetición de analítica, que asegure que os valores dos niveis da auga atópanse dentro da normalidade, para a seguridade dos bañistas.