Sthela Táboas 16/03/2022

Lograron a prata por equipos no torneo internacional e obtiveron resultados prometedores no Campionato Estatal da Categoría de Discapacidade, celebrado esta pasada fin de semana na capital cántabra

Este luns tivo lugar no Multiusos das Pozas a recepción ao Club Tenis de Mesa Mos polos resultados obtidos no Torneo de Lamego – Portugal e no Torneo Estatal da Categoría de Discapacidadeque se celebrou en Santander.

No acto estiveron presentes, ademais dos deportistas do Club Tenis de Mesa Mos e de Iván Pombo -secretario- e Samuel Pereiro -adestrador- do clube, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros do equipo de goberno e da Corporación Municipal.

O Club Tenis de Mesa Mos vén de facer un gran papel en sendos campionatos, internacional e nacional. No primeiro caso a competición internacional foi un Torneo de Clasificación de Portugal con varias medallas para: Laura Amoedo e Carla Blanco e por equipos: Laura Amoedo, Carmela Sanmartín e Sara Alfaro.

A fin de semana dos días 26 e 27 de febreiro 16 xogadores do Club Tenis de Mesa Mos participaron nun torneo de alto nivel en Portugal para puntuar no ranking portugués, facéndose co segundo posto por equipos feminino.

Foi no Torneo de Lamego de Portugal, puntuable para a clasificación portuguesa con xogadores chegados dende todos os puntos de Portugal e de Porto Rico, Chile, Ecuador etc.

Os resultados máis destacados do Club Tenis de Mesa Mos foron:

– Subcampioas en Equipos feminino sub19.

– Laura Amoedo: 5° clasificada en feminino sub19.

– Carla Blanco 5°: clasificada feminino sub10.

No caso do Campionato Estatal da Categoría de Discapacidade, Torneo Estatal que se celebrou en Santander e foi disputado esta pasada fin de semana (11, 12 e 13 de marzo), os xogadores do clube mosense participantes e que compiten por primeira vez neste torneo son:

– Sofía Freiría, categoría ‘disca pé’, a máis nova da categoría deixando moi boas sensacións nos xogadores e cun futuro moi prometedor nesta categoría.

– Martina Sande, na categoría ‘disca cadeira’ sendo a máis nova e cun futuro prometedor por diante, xa que leva pouco tempo adestrando e conseguíu xogar a un bo nivel.

– Iván Pombo, na categoría ‘disca cadeira’ sendo o xogador con maior discapacidade. Competíu con xogadores con menor discapacidade obtendo resultados moi positivos. Grazas a estes resultados colócase como un dos mellores de España na categoría de clase 1.

Coa súa participación, van ter a oportunidade de darse a coñecer e poder entrar no grupo de promesas con discapacidade da Selección Española. Os resultados para o club CTM Mos foron moi prometedores en Santander. Todos eles están no punto de mira para poder pertencer ao grupo de promesas da Selección Española.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad