Sthela Táboas 16/02/2022

Dende o 18 de febrero ata o 5 de marzo, os venres e sábados de 19.00 a 22.00 h, poderán degustarse por 1,5 € petiscos de receitas típicas do Entroido en 19 establecementos hostaleiros da vila

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, e o presidente de AHOSPOR, Jose Manuel Fernández, presentaron este martes as Xornadas Gastronómicas do Entroido 2022, na que participarán 19 establecementos de hostalería porriñeses.

Deste xeito “desde esta fin de semana e ata o 5 de marzo poderemos degustar as propostas dos nosos hostaleiros, cada venres e sábado, de 19.00 a 22.00 h”, explicou Bienvenido Estévez.

O Concello do Porriño, en colaboración con AHOSPOR, anuncia que ten posto en marcha un programa gastronómico do que se presentarán outras actividades nos vindeiros días, co obxectivo de poñer en valor a hostalería, promocinar o comercio local e dinamizar a vila.

José Manuel Fernández explicou que “os locais prepararán pinchos típicos destas datas como lacón, cacheira, ourella ou filloas, que poderán ser degustados ao módico prezo de 1,5 €” subliñando que a hostalería porriñesa “sigue moi viva e ten moito que ofrecer”.

Os locais participantes son Adega de Montero, A Francachela, A Tentación, Bar en Xogo, Bolboreta, Cafetería El Sol, Cafetería Platinum, Casa di Mili, Celtiña, Cólleo con pinzas, Galibar Centro, La Bici, La Cueva, La de Chato, Maloserá, Maracaibo, Mesón Argentino 2, Segredos Gastrobar e Val da Louriña.

Alejandro Lorenzo, convidaba a participar destas xornadas que “son máis que unha degustación gastronómica, tamén son unha oportunidade para convivir e encontrarnos, algo moi importante tras os momentos que levamos vivido”, agradecendo a AHOSPOR e á hostelería do Porriño a iniciativa que “contribúe a revitalizar o noso pobo e a nosa economía”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad