Sthela Táboas 16/02/2022

A entrega realizouse onte á tarde e a colocación dos aparellos farase no que queda de mes

As instalacións da base do Servizo Municipal de Emerxencias e GES de Mos, sita na Veigadaña, acolleron esta tarde a entrega por parte do Concello de 400 trampas e o seu correspondente líquido atraente, adquiridos con fondos propios, como parte da campaña anual de prevención contra a vespa velutina que desde fai anos vénse desenvolvendo por parte da administración local mosense.

Na entrega estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, o coordinador dos apicultores de Mos, Serafín Arjones; e representantes do Grupo Supramunicipal de Emerxencias, GES, de Mos.

O obxectivo desta campaña é dotar aos apicultores mosenses, que durante o verán axudan ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos a eliminar niños de velutina, dun reforzo na loita contra esta especie invasora, baseado en medidas de prevención.

A instalación das trampas farase nas 10 parroquias por igual, a razón de 40 trampas por parroquia, e realizarana entre máis dunha vintena de apicultores mosenses que participan nesta iniciativa e que, tras a colocación das trampas, encargaranse de vixialas para que se conserven en bo estado e controlar que conteñen a cantidade necesaria de líquido atraente, ou repoñelo en caso contrario.

A instalación das trampas comezará xa e realizarase durante o que queda do presente mes de febreiro, que é cando saen as raíñas que ata o de agora atopábanse hibernando.

Desde o Concello de Mos infórmase de que a campaña de trampas repetirase o vindeiro ano, cando se repartirán e instalarán outras 400 unidades. Dado que cada trampa dura varios anos, deste xeito lograrase que en 2023 cada parroquia mosense conte con 80 trampas instaladas. Así mesmo, os representantes municipais, Arévalo e Costas, avanzaron que o próximo verán farase a entrega a estes máis de 20 apicultores mosense so veleno para disparare desactivar os niños de velutina nas dúas modalidades existentes: pértiga e escopeta.

O edil de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, declaraba esta tarde que “na prevención está a clave para poder ter un verán e un outono libre de velutinas, polo que desde o Concello de Mos, ademáis de investir nesta campaña de trampas profesionais, anímase aos particulares a elaborar trampas caseiras que poden colocar nas súas fincas”. Para ensinar como construír estas trampas caseiras publicarase un vídeo didáctico nas redes sociais municipais.

Costas destacou para rematar que “a pesares de non ter competencias nesta materia, desde o Concello de Mos implicámonos fortemente na prevención e eliminación da vespa velutina, coñecedores da importancia que teñen campañas deste tipo e da preocupación que esta especie invasora xera non só entre o colectivo dos apicultores, senón entre a veciñanza en xeral”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad