Sthela Táboas 09/02/2022

Este xoves terá lugar o acto oficial do conxunto de actos conmemorativos previstos que abranguen xornadas, visitas guiadas e un concerto

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu décimo aniversario, este xoves, 10 de febreiro, cun conxunto de actos que se prolongan até este sábado día 12.

O acto oficial conmemorativo desenvolverase este xoves, ás 13.30 hora española, na antiga Alfándega de Valença. No mesmo estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o director da AECT da Eurorexión Galicia Norte de Portugal, Nuno Almeida,  e o presidente da CCDR-Norte e presidente da Comunidade de Traballo Galicia -Norte de Portugal, António Cunha.

No transcurso deste acto terá lugar a sinatura do protocolo de cooperación entrea Eurocidade Tui-Valença e a AECT Galicia – Norte de Portugal que da amparo institucional áEurocidade.

Xa pola tarde, ás 16.30 h no auditorio da ESCE Valença, celebraranse unha serie de conferencias e mesas redondas co título “10 Anos da Eurocidade Tui-Valença: balance e novos desafíos”. A intervención de apertura correrá a cargo de Jesús Gamallo, director de Relacións Exteriores e con UE, Xunta de Galiza. A continuación terán lugar os relatorios “Eurocidades, o Papel na Cohesión Territorial”; “A Cooperación Transfronteiriza e as oportunidades para Galicia e o Norte de Portugal”; e “Dinámicas Empresariais en contexto Covid 19 e Estatuto do Traballador Transfronteirizo”.

O venres realizaranse dúas  visitas guiadas gratuítas á Eurocidade. Ás 15.30 hora española saíra da Loja de Turismo de Valença un percorrido polo centro histórico valenciano, e unha hora despois, ás 16.30 hora española partirá da Oficina de Turismo de Tui, no Paseo da Corredoira, un percorrido polo conxunto histórico de tudense. En ambos casos é preciso reserva previa no teléfono  0034617498103 ou no correobiblioteca@tui.gal (Tui) e no 00 351 251806080 e en nmuseologico@cm-valenca.pt (Valença).

Os actos conmemorativos do 10º aniversario da Eurocidade Tui-Valença pecharanse o sábado, 12 de febreiro, ás 20 hora española no Teatro Municipal de Tui co concerto que ofrecerán  a Orquestra do Conservatorio de Tui e da Academia de Música da Fortaleza de Valença. A entrada é gratuita, sendo preciso reservar previamente a entrada en www.tui.gal

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad