Entre as obras a realizar atópase a senda peonil en Pereiras, dende a Igrexaata a senda de Atín, que mellorará a circulación peonil tanto para a poboación en xeral como para os pais, nais e nenos do Colexio de Atín, e garantirá unha comunicación segura dende a Igrexa ata estrada PO-331
Tamén se contempla a contratación de 11 novos operarios de vías e Obras durante 6 meses
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, deu conta no Pleno Ordinario celebrado o luns no Pazo de Mos, das obras e investimentos que se levarán a cabo no municipio con cargo ao Plan Concellos bianual 2022/2023. A rexedora local mosense informou tamén de que foi a semana pasada cando se presentou na administración provincial o plan de obras e investimentos do novo Plan Concellos.
Previamente á entrega do Plan Concellos provincial, Arévalo reuniuse cos técnicos municipais para ultimar os derradeiros trámites.
Unha vez presentado na Deputación, a alcaldesa informaba no Pleno de que os proxectos de Mos do Plan Concellos inclúen desde obras de humanización ata contratación de persoal con cargo ás liñas 1, 2 e 3 dos anos 2022 e 2023.
Dentro do Plan de Obras o Concello de Mos acometerá a segunda fase da Humanización de Guizán, desde o novo local da Comunidadede Montes ata o cruce do Moreno en Torroso, a Senda do Foxo Vello na Parroquia de Pereiras desde a Igrexa ata a senda de Atín, a primeira fase da mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP 2601 Mos-Puxeiros en convenio coa Deputación de Pontevedra e a mellora da seguridade viaria na Estrada da Vía.
En contratación de persoalprocederase a contratar durante 6 meses a 11 novos operarios de Vías e Obras.
A segunda fase da Humanización de Guizán ten un orzamento total por importe de 657.456,66 €, a Senda de Pereiras 406.926,42 €, a primeira fase da mellora da Estrada Provincial Puxeiros-Mos 133.963,62 € de aportación municipal que é a parte que se financia con cargo ao Plan Concellos (o 30% do total do proxecto, que ascende a446.545,39 €), e a mellora da seguridade viaria na Estrada da Vía 354.928,61 €.
A primeira fase da mellora da Estrada Provincial Puxeiros-Mos actuará no tramo que vai desde a estrada Nacional 550 ata a rotonda que enlaza co novo vial alternativo de Santa Eulalia. Comézase mellorando ese tramo por atoparse no Camiño de Santiago e ser unha zona enormemente transitada por vehículos e peóns, ao atoparse na mesma a área recreativa ao aire libre da Pesqueira, o Paseo do Río Louro, o Pazo de Mos, o Albergue de Peregrinos e a Igrexa de Santa Baia de Mos, así como outros locais comerciais e de restauración e hostalería.
Destaca neste senso a alcaldesa que “continuamos dando pasos no noso Plan Mos Humanizado, que é un dos nosos principais compromisos do goberno local da presente lexislatura, no que damos ademais resposta a demandas veciñais; por iso priorizamos actuacións como a Senda de Pereiras ou Senda do Foxo Vello, a continuación da humanización de Guizán cara a Torroso-Louriñó e a mellora da Estrada da Vía na súa totalidade, que transcorre polas parroquias de Tameiga, Dornelas e Torroso”.
A senda peonil e mellora da seguridade en Pereiras, inclúe entre asobras a realizar a construcción dunha senda peonil dende a Igrexa da parroquia de Pereiras ata a senda de Atín, nas proximidades da estrada de titularidade autonómica PO-331. Coa execución desta obra, perséguese a mellora da circulación peonil tanto para a poboación en xeral como para os pais, nais e nen@s do CEIP de Atín, e garantir unha comunicación segura dende a Igrexa ata estrada PO-331.
O tramo de actuación comprenderá dende o adro da Igrexa de Pereiras (punto 0+00) ata o remate da senda peonil de Atín (punto 0+720). No trazado diferenciaranse dúas zonas:
Zona 1.- camiño do Foxo Vello e camiño Pazos, discorrerá paralelo a traza de cada un dos camiños, seguindo a mesma configuración xeométrica cos mesmos. – camiño Pazos, marxe dereita. – camiñoFoxo Vello, marxe esquerda e marxe dereita.
Zona 2.- inmediacións do CEIP de Atín, circunda o peche do colexio definindo zonas verdes e de aparcamento. Adóitase este trazado para evitar grandes movementos de terra e muros de contención cunha altura máxima de 3,00 m., así como compensar os desmontes e os terrapléns. As obras comprenderán: construcción dunha senda peonil co fin de darle continuidade á senda de Atín. Remate da mellora do itinerario peonil ao CEIP de Atín dende o núcleo de Atín.
Realizarase a execución da recollida de augas pluviais dos camiños do Foxo Vello e Pazos, baixo o trazado da senda peonil, conducindo as mesmas ata un rego existente no camiño do Foxo Vello. Dotarase a senda de iluminación mediante farois situados cada 20-25,00 m. E sinalización viaria da senda, con sinais verticais e pasos de peóns elevados. A mellora da seguridade viaria lograrase coa realización desta actuación comunicando equipamentos e favorecendo a integración e mobilidade. A senda estará destinada a dar servizo á mobilidade cotidiá, executarase sen estreitar a beiravía existente e buscando a mellor integración paisaxística posible. Primará ante todo a seguridade viaria tanto dos vehículos como dos peóns.