Sthela Táboas 08/02/2022

Aínda que os valores paramétricos alterados xa se atopan dentro dos límites de potabilidade garantizada, persoal especializado limpará o  manantial da fonte de San Sebastián para maior seguridade dos usuari@s

Tras recibir o Concello do Porriño o resultado das analíticas realizadas ao manantial que abastece a Fonte de San Sebastián -pechada tras detectarse contaminación na auga-, este determina “os valores paramétricos alterados (microorganismos aerobios 22ºC e bacterias coliformes) xa se atopan dentro dos límites que garanten a potabilidade da auga”.

O concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, explicou que “para maior seguridade d@s usuari@s, é preciso que persoal especializado acometa a limpeza do manantial que abastece á fonte e valore, se é preciso, proxectar a canalización do caudal no tramo ata o grifo. Queremos asegurarnos de que non se producen filtracións contaminantes como a que obrigou a cortar o subministro”.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, sinalou “Sabemos que esta fonte ten un gran valor, non só patrimonial senón tamén funcional, xa que son moitos os veciños e veciñas da vila que consumen esa auga cada día, e que supón un gran perxuizo que non esté en funcionamento. Pero estamos facendo o necesario para restablecer o subministro o antes posible con todas as garantías sanitarias, o importante é asegurar que a auga mantén a súa calidade e é apta para consumo”.

Ademáis, o Concello do Porriño xa deu orden de retirar o valado que protexía a fonte, limitarase á zona do grifo, para permitir o uso e disfrute do resto do entorno.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad