Sthela Táboas 08/02/2022

Está dirixido a persoas maiores de 55 anos e faranse dou grupos de 14 persoas rematando en xuño

O concello de Salceda de Caselas retoma a actividade desenvolvida polos obradoiros “Cultiva a mente” en colaboración con AFAGA, impartidos no centro terapéutico situado na antiga Escola da Vendanova.

Estes obradoiros realizaranse dende o día de hoxe ata o vindeiro mes de xuño e están dirixidos a persoas maiores de 55 anos. Un dos obxectivos fundamentais destes obradoiros é previr o deterioro cognitivo das persoas participantes a través de técnicas de memoria e aprendizaxe. Outro dos obxectivos importantes destes obradoiro é fomentar a socialización e o contacto entre as persoas participantes despois de dous longos anos de restricións pola pandemia.

Nesta edición acudirán dous grupos de 14 persoas, aumentando desta forma a participación da cidadanía neste tipo de actividades.

A concelleira de Benestar Social, Ángela Ledo, explicou que dende a concellería de Servizos Sociais e Benestar “co inicio deste obradoiro, continúa apostando de forma decidida por accións destinadas a previr o envellecemento da poboación e mellorar a súa calidade de vida”.

Pola súa banda a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, lembrou que “dende o Concello temos adquirido un compromiso firme de atención ás persoas maiores de forma directa, para mellorar tanto o seu benestar físico como mental a través de actividades lúdicas que melloren a súa vida diaria”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad