Sthela Táboas 08/02/2022

Con motivo deste cambio a programación cultural de Tui modifica tamén a data da obra ‘Rosalía’ de Culturactiva que muda ao 25 de marzo

A estrea da obra “As que limpan” de A Panadaría Teatro prevista inicialmente para este venres 11 de febreiro, vén de ser adiada para o venres 18 deste mes, debido a problemas de saúde das actrices da compañía.

Debido a este cambio o Concello de Tui procederá, nos vindeiros días, á devolución automática dos importes das entradas vendidas ata o momento, que son máis de 300; e a a partir do luns 14 ás 14.00 h,  póñense á venda para a nova data desta obra.

Debido a este cambio na estrea de “As que limpan” ao venres 18 de febreiro, por ser a data que estaba dispoñible tanto por parte da compañía coma do teatro tudense, mudouse tamén de data a representación de “Rosalía” por Culturactiva. Esta representación que estaba prevista para o venres 18 terá lugar o venres 25 de marzo á mesma hora, ás 19.00 h.

As persoas que xa tiñan mercada a súa entrada para “Rosalía” recibirán tamén a devolución do importe de xeito automático.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad