Con motivo deste cambio a programación cultural de Tui modifica tamén a data da obra ‘Rosalía’ de Culturactiva que muda ao 25 de marzo
A estrea da obra “As que limpan” de A Panadaría Teatro prevista inicialmente para este venres 11 de febreiro, vén de ser adiada para o venres 18 deste mes, debido a problemas de saúde das actrices da compañía.
Debido a este cambio o Concello de Tui procederá, nos vindeiros días, á devolución automática dos importes das entradas vendidas ata o momento, que son máis de 300; e a a partir do luns 14 ás 14.00 h, póñense á venda para a nova data desta obra.
Debido a este cambio na estrea de “As que limpan” ao venres 18 de febreiro, por ser a data que estaba dispoñible tanto por parte da compañía coma do teatro tudense, mudouse tamén de data a representación de “Rosalía” por Culturactiva. Esta representación que estaba prevista para o venres 18 terá lugar o venres 25 de marzo á mesma hora, ás 19.00 h.
As persoas que xa tiñan mercada a súa entrada para “Rosalía” recibirán tamén a devolución do importe de xeito automático.