Sthela Táboas 03/02/2022

Poranse en marcha varias iniciativas dirixidas á prevención, detección e atención da demencia nas persoas maiores

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Terceira Idade, Rosario Costas, mantiveron esta semana una xuntanza coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia –AFAGA- para coñecer as súas propostas e necesidades, así como para amosar o apoio do Concello do Porriño ao labor que desenvolven.

O presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, e os representantes municipais valoraron iniciativas para poñer en marcha no Porriño que ampliarían notablemente a atención que se presta aos enfermos e ás súas familias, que na actualidade se limita á que poden dispensar na Unidade de Atención Diurna Especializada que teñen no municipio. Este centro, que se rixe mediante convenio coa Xunta de Galicia, atende a 22 usuari@s, todos eles persoas maiores con demencia tipo Alzheimer.

Alejandro Lorenzo, indicou que “para poder loitar contra esta enfermidade e mellorar a calidade de vida dos que a padecen e das súas familias é moi necesaria a implicación de todos. Estamos ademais nun momento complicado para as persoas con demencia, e en xeral para as persoas maiores, xa que as medidas de distanciamento social en moitos casos aceleraron o proceso de deterioro cognitivo e funcional, ademais de aumentar a sobrecarga que padecen as familias. Por iso é máis necesario que nunca intervir e dende o Concello traballaremos da man con AFAGA para facelo”.

Concello e AFAGA traballan xa na posta en marcha de varias iniciativas no municipio dirixidas por unha banda á prevención da demencia e promoción de hábitos saudables para o envellecemento activo, e por outra, a prestar atención ás persoas diagnosticadas e ás súas familias. Os representantes municipais aproveitaron o encontró para visitar aos usuari@s do centro de atención, e agradeceron ao persoal do mesmo o labor que desenvolven e animáronos a “seguir traballando con entusiasmo, que compartimos e que nos axudará a dar unha resposta máis ampla e eficaz ás persoas con demencia e ás súas familias”, remata Lorenzo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad