Mónica Romero 26/01/2022

O Concello de Tui, como cidade integrante da Red de Juderias de España, súmase a esta conmemoración cun acto simbólico

Mañá xoves, 27 de xaneiro, conmemórase a liberación polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau en 1945. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou oficialmente esa data Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto para render tributo á súa memoria e ratificar o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e toda outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.

O Concello de Tui, como cidade integrante da Red de Juderias de España, súmase a esta conmemoración cun acto simbólico, que se celebrará mañá, xoves 27 de xaneiro, na zona anexo da Sala Municipal de Exposicións no Edificio “Francisco Sánchez” que acolle na actualidade a exposición “Diálogos” realizada pola Biblioteca Nacional de Israel coa colaboración da Red de Juderias. Este acto consistirá en prender seis velas en lembranza dos seis millóns de xudeus asasinado no Holocausto.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, acompañado doutros representantes municipais procederá ao acendido destas velas ás 11.00 horas. Con este sinxelo acto o Concello de Tui súmase ás actividades que promove a Red de Juderias – Caminos de Sefarad nesta xornada para expresar o seu compromiso para traballar pola educación, o respecto e a tolerancia para erradicar a violencia, a barbarie e a intolerancia da nosa sociedade ao tempo que ratifica a súa vontade de loita contra o antisemitismo, o racismo e toda forma de intolerancia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad