Mónica Romero 19/01/2022

Tui acolle a exposición “Diálogos” da Biblioteca Nacional de Israel e a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad

A zona anexa da Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, acolle dende esta semana exposición “Diálogos”. A mostra foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel para a Xornada Europea da Cultura Xudía. Esta mostra chega ata a nosa cidade a través da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad á que pertence o concello de Tui dende o ano 2019.

Esta exposición reflexiona e explica diferentes tipos de diálogos desde a perspectiva da cultura xudía, documentados a través de diferentes fotografías e cadros de textos. Así a mostra fai un percorrido polo Diálogo entre xeracións, dos pais ou avós aos seus fillos, coma eixo na educación, Diálogo entre textos, a miúdo entendemos un “diálogo” como unha conversación entre persoas, con todo, na historia xudía, son máis importantes as “conversacións” entre textos. Tamén recolle o Diálogo dentro da Comunidade, incorporando a perspectiva da argumentación como eixo da tradición xudía, o Diálogo entre Culturas ou o Diálogo entre relixións como integración indispensable dos xudeus ao longo dos séculos en que viviron entre outras culturas e grupos de persoas. A exposición ademais das fotografías e explicacións achega en cada bloque diferentes códigos QR que profundan sobre o tema.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, sinala que con esta nova actividade o concello tudense continua traballando na promoción do legado xudeu na nosa cidade como un elemento primordial do noso patrimonio cultural e do posicionamento da oferta turística da nosa cidade.

Diálogos: La Red de Juderías de España celebra la Jornada Europea de la Cultura Judía (video promocional da exposición)

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad