Sthela Táboas 18/01/2022

A Concellería de Cultura xestiona a reorganización de horarios e espazos para atender ás necesidades do colectivo estudiantil e iniciará os trámites para a contratación de persoal

O Concello do Porriño, a través da concellería de Cultura dirixida por Bienvenido Estévez, está a xestionar e a reorganizar horarios e espazos da sala de estudos para atender á demanda do colectivo de estudantes.

O departamento de Cultura iniciará os trámites para a contratación de persoal, que permita que as instalacións estean abertas as fins de semana, así como horarios especiais en épocas de exames para que os moz@s do Porriño dispoñan dun lugar propicio para o estudo no seu municipio. “Tamén estamos a valorar fórmulas para reubicala e coordinar o servizo coa Biblioteca Municipal”, afirmou Bienvenido Estévez.  

Atendendo á petición dos usuarios, entre tanto ampliaranse os horarios da sala de estudio habilitada no centro cívico, que permanecerá aberta de luns a venres, de 08:30 a 22.00 h de xeito continuado.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, explicou que “os horarios deben ser acordes aos horarios lectivos dos estudantes, para poder responder ás súas necesidades. Queremos que a sala de estudo estea aberta os sete días da semana e xa iniciamos as xestións necesarias para que así sexa. Os estudantes do Porriño teñen que disponer dese servizo no seu concello”.  

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad