Sthela Táboas 17/01/2022

Todas aquelas persoas que recibiron unha carta de pago sen descontar a parte pagada en 2018 non deben pagalo nin reclamar

En relación cos recibos dos atrasos do IBI de 2018 recibidos nas últimas semanas, dende o Concello queremos informar que ante os múltiples erros detectados -nos que non se practica a dedución do importe xa pagado- e tras a xuntanza mantida a pasada semana coa dirección do ORAL e o equipo técnico, este comprometeuse a emitir novamente os recibos aos que non se lle practicou o desconto por ter cambiado a referencia catastral, tras o proceso simplificado de valoración colectiva.

Polo tanto todas aquelas persoas que recibiron unha carta de pago sen descontar a parte pagada en 2018 non deben pagalo nin reclamar, automaticamente o ORAL revisará estes casos e emitirá un novo recibo, sempre e cando a persoa titular do ben sexa o mesma en 2018 que na actualidade.

As liquidacións que non son correctas, pero cambiou a persoa titular, sí deben formular reclamación; mentres que as liquidacións que estean correctas, sí teñen que pagarse no prazo indicado na carta.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad