Mónica Romero 12/01/2022

É a primeira vez desde a implantación da atención primaria na que hai que pechar consultas por falla de médicos xerais e de pediatras

A atención primaria da localidade está colapsada e os profesionais están totalmente saturados e amais teñen que prestar atención os usuarios doutros centros de saúde como As Neves, Covelo, Mondariz ou Salvaterra o estar estas localidades totalmente abandonadas pola consellería de sanidade.

“Os doentes e veciñanza en xeral, non deben enganarse e culpar os profesionais sanitarios do caos que estamos a sufrir no noso centro de saúde, pois os culpables están claros, Feijóo e a Xunta do Partido Popular que por un claro afán privatizador da sanidade, falla de previsión na cobertura de profesionais que se van xubilando e os cativos investimentos, están levando a catástrofe total o principal piar do estado de benestar.”

O PSdeG de Ponteareas, pidelle ao PP de Ponteareas, que se poña do lado dos veciños reclamando e esixindo unha solución a Xunta de Galicia que permita recuperar a atención completa do centro de saúde, dotándoo dos profesionais necesarios.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad