Sthela Táboas 11/01/2022

“Alejandro Lorenzo e o Partido Popular non poden dar lección algunha ao BNG á hora de aforrarlle gastos ao Concello”

A dirección local do BNG acusa ao goberno do PP de “difundir unha información sesgada coa intención de danar a imaxe d@s nos@s concelleir@s cun claro interese político.

O Bloque está “a favor de prescindir dos coches e sempre considerou innecesaria a adquisición de vehículos de alta gama por parte do Concello. Opuxémonos a esta compra, que se produce antes da nosa entrada no goberno, e solicitamos que se revisara o contrato de renting asinado polo Concello”.

En coherencia con este posicionamento “nin Pedro Pereira nin Cami Moreira fixeron uso destes vehículos, empregando en todo momento os seus coches particulares cando formaron parte do goberno local”.

Os nacionalistas do Porriño subliñan que “mentres o BNG estivo no goberno -de outubro do 2019 a decembro do 2021- tampouco pasaron gastos de dietas, como se pode comprobar consultando nos departamentos económicos do Concello”.

Rematan dende o Bloque lembrando que “non pode afirmar o mesmo o actual alcalde, quen como concelleiro do goberno de Nelson Santos -entre os anos 2010 e 2015- emitíu sempre gastos por estes conceptos con cargo ás contas públicas. Alejandro Lorenzo e o Partido Popular non poden dar lección algunha ao BNG á hora de aforrarlle gastos ao Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad