Sthela Táboas 20/12/2021

O sábado recibiron os seus correspondentes recoñecementos como veciño e entidade que máis contribuiron e axudaron aos barrios

O pasado sábado, no local da AAVV San Benito San Sebastián do Porriño, fíxose entrega dos Premios Fidenciano Palacín, para recoñecer o traballo dos veciñ@s pola mellora dos barrios do Porriño.

O premio leva o nome do moi querido carteiro porriñés Fidenciano Palacín, que foi impulsor de moitas melloras nos barrios do Porriño.

Este ano o galardoado pola súa contribución aos barrios e axuda nas actividades da AAVV, foi José Lago -“Pepe”-, un veciño do barrio de San Sebastián e socio da AAVV de San Benito e San Sebastián.

E na categoría de entidade que máis axudou aos barrios no ano 2021, concedéuselle o premio social á agrupación local de Protección Civil do Porriño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad