Desde o Concello de Mos continúase a dar pasos do MOS HUMANIZADO que fará posible esta infraestrutura viaria de 1.551 metros de lonxitude que permitirá unha mellora salientable do tráfico tanto rodado como de viandantes nun dos principais viarios do municipio.
O Xunta Local de Goberno aprobou esta tarde o inicio do expediente de adquisición de terreos da nova senda peonil Porselo-Brea, que enlazará coa xa existente senda peonil de Torroso (que vai desde o Multiusos das Pozas ata ASODIFISI) formando unha senda circular de preto de 3 quilómetros de lonxitude. Unha vez adquiridos e coa
disponibilidade dos terreos inmediatamente aprobaríase o proxecto quedando listo para súa licitación habida conta que xa foron solicitados os informes sectoriais pertinentes.
Deste xeito, tal e como declarou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, “transformaremos o traxecto Porselo-Brea nunha vía de circulación máis cómoda que inclúa tamén unha senda peonil que enlace coa senda de Torroso creando un itinerario circular. Somos coñecedores da necesidade de mellorar o tipo de firme na nova senda respecto do
empregado en Torroso e así o faremos, aproveitando para cambiar tamén do de Torroso, que non deu os resultados satisfactorios esperados”.
A actual senda peonil de Torroso ten unha lonxitude de 1.370 metros que, sumada aos 1.551 metros da futura senda Porselo-Brea, dará unha senda circular cun percorrido total de 2.921 metros.
Por acordo do Goberno Local do Concello de Mos, deuse orde de levar a cabo a redacción do proxecto de construción dunha senda peonil en Dornelas, desde o I.E.S. de Mos ata ASODIFISI, nas parroquias de Petelos, Dornelas e Torroso.
O proxecto nace co obxectivo de completar, en forma de anel, a senda xa construída desde o Edificio Multiusos ata ASODIFISI, dando ao viario sobre o que se actuará, unha maior seguridade para os peóns, que na actualidade mesturan os seus itinerarios cos vehículos a motor.
Este proxecto desenvolve unha actuación fundamental no viario do municipio, Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, ampliando a capa de rodadura e construíndo unha senda específica para os peóns.
Acadarase un ancho máximo de 8,00 metros que dá a esta zona unha mellora substancial para o fluxo do tráfico e de persoas.
Preténdese desenvolver unha actuación fundamental no viario do municipio, Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, nas parroquias de petelos, Dornelas e Torroso, que a día de hoxe encóntranse cunhas limitacións físicas á hora de acoller o tráfico de vehículos e peonil que por elas transita.
Conseguirase deste xeito dar continuidade a estas rúas cunha sección axeitada cara a resolver e minorar os problemas circulatorios, agravados en momentos puntuais pola entrada e saída de alumnos nos equipamentos educativos emprazados nas Pozas.
Estes son os motivos da necesidade de ocupar e executar a maior brevidade posible a infraestrutura proxectada (que permitirá unha mellora salientable do tráfico nun dos principais viarios do municipio).
A delimitación do ámbito de expropiación comprende un total de 3.352,56 m² repartidos entre 126 predios segundo a realidade catastral identificada sobre o terreo, establecéndose a través dos seguintes lindeiros: ao norte, con rúa Brea e rúa Costiña, ao leste, en Seixabre coa estrada do Adrovello, ao sur, nace nas Pozas, na rotonda da estrada das Pozas; e ao oeste, camiño de Pedreira e camiño de Bouzos.