Se pensábamos que ningún outro axente da Policía Local podía cobrar máis que a rexidora porriñesa e a concelleira de Seguridade, estábamos errados, seguimos sumando
A para nada despreciable cantidade de 47.575,81 € foron os rendementos anuais do pasado ano, dun dos dous oficiais da Policía Local do Porriño, o mesmo que o pasado mes de maio supostamente se extralimitaba nas súas funcións nunha detención a un veciño do Porriño.
Ademáis, o oficial que precede ao Xefe da Policía Local, tamén fai uso persoal dos vehículos do parque móvil municipal nos que se inclúen tamen os gastos, e non falamos dos coches policiais precisamente.
Insistimos en que estas ventaxas son soamente para algúns escollid@s, xa que non tod@s @s axentes gozan dos mesmos privilexios.
Así, volvemos atoparnos co mesmo Inspector Xefe (de rendementos superiores aos 70.000 € que publicábamos a pasada semana) e ao oficial en cuestión deste artigo, que ademáis dun xornal superior ao da rexidora ou da concelleira de Seguridade, tamén se embolsarán neste 2021 por formar parte dos tribunais dos procesos selectivos convocados polo Concello do Porriño, no caso do primeiro 1.009,75 € e no do segundo, 670, 14 €.