Sthela Táboas 30/11/2021

Dende hoxe e ata o 3 de decembro pódense depositar nos centros educativos alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene para bebé que serán repartidos por voluntarios de SOS Porriño

O pasado 19 de novembro, celebrouse no Concello o Pleno Infantil, no que os representantes dos centros educativos do Porriño, acordaron por unanimidade que o Concello organizase e liderase a iniciativa “Giving Tuesday”, (Martes de dar) sinalada o 30 de novembro.

Así, a infancia e mocidade de Porriño leva a cabo nestes días a iniciativa solidaria “GivingTuesday” (Martes de dar), que é un movemento internacional e solidariedade, a través da recollida de alimentos non perecedoiros e productos de hixiene para o seu posterior reparto entre as familias con menos recursos do municipio.

A concelleira de Educación acudiu hoxe ao CEIP da Ribeira, en Torneiros, onde comprobou o desenvolvemento da recollida xunto coa directora do colexio, Teresa Castro.

A OMIX do Porriño e a Concellería de Educación  apoian e organizan  un ano máis  esta inicitiva #GivingTuesday2021, no que este ano a prioridade é a recollida de alimento non perecedoiro e produtos de hixiene para bebés (cueiros, cremas, toalliñas, purés, leites e alimentos infantís de todo tipo) para a súa posterior distribución entre as familias do municipio con menores recursos. A recollida conta coa colaboración dos centros escolares, nos que se instalaron puntos habilitados para deixar as aportacións, comezou hoxe e continuará ata o venres 3 de decembro.

O Giving Tuesday, ou “Martes de dar”, é un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é adicar un día en todo o mundo (30 de novembro) para celebrar o feito de dar, podendo ser alimentos, diñeiro, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man, etc. Este movemento naceu como alternativa ao Black Friday e Cyber Monday, que promoven o consumismo.

Dende o Concello convidan a todos @s veciñ@s a participar nesta iniciativa solidaria.

O venres 3 de decembro, persoal voluntario de SOS Porriño realizará a retirada da recollida nos centros, para o seu traslado e clasificación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad