Sthela Táboas 30/11/2021

Os orzamentos do Concello de Mos de cara o vindeiro ano foron sometidos a debate no pleno de onte e non obtiveron o voto favorable da oposición

Onte celebrouse no Pazo de Mos o Pleno Ordinario de Novembro, no que se aprobaron os orzamentos municipais do vindeiro 2022. Uns orzamentos “que van contar con un incremento de ingresos de máis de 1 millón e medio de euros. Ingresos que se van cobrar pola revisión catastral, porque o Ministerio de Facenda modificou as condicións de amortización da débeda, ampliando os períodos e reducindo as cantidades a amortizar, e eliminou a regra de gasto para facer fronte aos gastos da Covid, e maiores recursos por parte dos tributos recadados por outras administración” apunta a concelleira Victoria Alonso.

Por parte da bancada socialista, xa habían presentado unha moción cunhas propostas para que se tiveran en conta de cara a elaboración do orzamento “propostas que foron rexeitadas polo PP”. Con algunha cuestión a maiores, os concelleiros socialistas volveron presentalas unha semana despois de poder ver os orzamentos, e comprobaron que non se recolleron. Os socialistas pedían “subvencións para escolares, traídas de augas e asociacións sen ánimo de lucro que desenrolen actividades culturais; incluíndo unha partida para o Castro de Pereiras e implementando as caldeiras de biomasa en edificios públicos. Por segunda vez, o PP rexeitou de forma moi pouco educada estas ideas, pedindo que se presentasen antes”.

O voto en contra do PSOE de Mos de cara a estes orzamentos “ven motivado porque parten da base que estamos nun momento no que escasean as materias primas, o elevado prezo das mesmas e que a crise provocada pola pandemia segue moi presente, polo que moitas familias, colectivos e veciñanza en xeral precisa do respaldo da administración”. Os socialistas consideran que “sería o momento de acometer as accións necesarias para apostar pola igualdade, por habilitar subvencións para as familias, un importante apoio para o comercio local e que sirva para fomentar o desenrolo do mesmo, revertindo deste xeito “en maiores ingresos na veciñanza”.

Victoria Alonso mostrou o seu malestar no pleno coa postura do goberno de facer unha aposta polo asfalto “cando a situación precisa de maior apoio por parte da institución local cara a veciñanza”. Declarou que “non poden votar a favor duns orzamentos que están pensados para a foto e para facer campaña electoral, no ano previo ás votacións”. A voceira socialista quixo recalcar que “estes maiores ingresos saen dos bolsillos da veciñanza, e unha forma de revertir esta situación sería habilitando novas liñas de subvención para diferentes colectivos, ademais de ser unha administración que estaría a carón da xente, cuestión que non se produce”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad