Sthela Táboas 29/11/2021

A dirección local do BNG do Porriño lamenta que tanto PSOE como Unidas Podemos rexeitaran a totalidade das súas emendas presentadas

O Bloque reclamaba soterrar o tren un tramo de 600 m entre o Paso a Nivel e o Paseo do Louro e así comunicar o casco urbano coa zona verde do Louro para gañar unha gran plataforma en superficie de uso público que eliminaría a barreira que hai entre o centro da vila e o río.

“Non existen problemas técnicos que impidan levar a cabo esta proposta. Trátase exclusivamente de falta de vontade política por parte do goberno do Estado. Deberíaselle explicar á veciñanza do Porriño o por qué dese voto en contra, o Bloque defende a mesma solución para o paso a nivel fale no Porriño ou en Madrid”, declarou a responsábel local do BNG, Míriam Martínez, quen advertiu que “o BNG non se contentará cunha solución parcial que hipoteque as necesidades do Porriño do futuro”.

Desde o BNG “apostamos polo Louro como o pulmón que O Porriño precisa”. A Concellaría de Urbanismo, dirixida por Pedro Pereira, vén de adquirir 20.000 m2 que amplían esta zona verde. Para mellorar este espazo de lecer, outra das emendas presentadas polo Bloque demandaba a instalación de pantallas ao paso da autovía polo casco urbano, para protexer da contaminación acústica, tanto polo paseo do río como cara ás vivendas próximas.

Outras emendas rexeitadas contemplaban importantes inversións para a eliminación da contaminación por lindano, para rexenerar o espazo natural das Gándaras ou para conectar o polígono residencial de Torneiros coa autovía.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad