O certame recoñece á vila o seu patrimonio vexetal, etnográfico e incremento das zonas de esparcemento
O xurado formado por Manuel Rodilla del Barrio, Javier Padín Martínez, Mª Isabel Iglesias Díaz, Carlos Javier Cárcamo Álvarez, Manuel Torres Lavandeira, Xurxo Xoan Gonzalez Conde y Domingos Manuel Méndez Lópes, Lois Arenas Barreiros, Camino Nicolás Velado e Silvia V. Caffaro concede ao Concello de Salvaterra de Miño tres flores.
O equipo de Vilas en Flor resalta a implicación da corporación municipal en potenciar o seu patrimonio vexetal, etnográfico e no incremento das zonas de esparcemento da Vila.
Destacan as actuacións de posta en valor do Río Miño coa novo Espazo Lúdico Termal, cunhas impresionantes vistas a cidade fronteiriza de Monçao; actuacións de recuperación da Illa Fillaboa e a coidada actuación paisaxística na zona do Castillo.
Ademais Salvaterra destaca por ter unha das zonas verdes máis grandes de Galicia, o Parque Público A Canuda, unha zona de referencia para toda a provincia de Pontevedra e Norte de Portugal.