Sthela Táboas 19/11/2021

Nesta actividade solidaria recolleranse, o vindeiro martes 30 de novembro, alimentos e produtos de hixiene para as familias con menos recursos

Os representantes de todos os centros educativos do Porriño que participaron hoxe no pleno infantil que se celebra coa ocasión do Día Mundial da Infancia que se conmemorará mañá, acordaron por unanimidade que o Concello organice e lidere unha nova iniciativa “Giving Tuesday” (Martes de dar).

Será o vindeiro 30 de novembro e consistirá na recollida de alimentos e produtos de hixiene, para que sexan repartidos entre as familias con menos recursos do municipio.

No pleno infantil os representantes do CEIP de Atios -Antía e Nicolás-, CEIP Cruz-Budiño -Miguel e Marina-, CEIP da Ribeira -Miguel e Oriana-, CEIP Antonio Palacios -Martín e María-, CPR Santo Tomás -Alexandre e Aitana-, CEIP Fernández López -Xiana e Herminio-, Centro ACEESCA -Ibai-, IES Pino Manso -David, Alex e Laura-, CPR Hermanos Quiroga -Antía e Daniel- e IES Ribeira do Louro -Claudia, Susana e Antía-, expuxeron as súas propostas para que O Porriño sexa un Concello máis sostible.  

Os nen@s tamén acordaron, por unanimidade, sumarse á petición doutros concellos pontevedreses que solicitan a celebración dun pleno infantil anual na Deputación, no que poidan participar os representantes dos distintos consellos municipais da infancia existentes na provincia. A solicitude trasladarase á presidenta da Deputación, Carmela Silva. Nesta derradeira votación á concelleira indicou “así da gusto eh? isto de ter maioría…”.  OMIX do Porriño, Noelia de la Fuente, tomou nota de todas as peticións dos rapaces e aproveitou para reiterarlles que mañá sábado vaise celebrar o “Pinchoneno”, a versión infantil do “Pinchorriño”, que foi unha das peticións que a infancia porriñesa fixera hai tempo, e puntualizou “teño que dicilo, non tivemos colaboración por parte dos hostaleiros”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad