Mónica Romero 18/11/2021

Tui é un dos concellos beneficiaros da liña 1 das subvecións para equipamentos de emerxencia convocadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Protección Civil de Tui vai contar cun novo vehículo todoterreo tipo pick-up. O Concello de Tui presentará á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a solicitude ao abeiro da convocatoria da liña de subvencións para a adxudicación de equipamento de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Este pasado luns, 15 de novembro, publicouse no DOG a resolución da convocatoria na que o Concello de Tui resultou beneficiario da adxudicación dun vehículo todoterreo tipo pick-up destinado á Agrupación de voluntarios de Protección Civil deste Concello.

Tui xunto a Salceda de Caselas, Catoira, Meis e Vila de Cruces e Soutomaior son os concellos da provincia de Pontevedra que se benefician coa adxudicación da liña 1 de subvención. Este equipamento está sendo adquirido co programa operativo Feder-Galicia 2014 2020, eixe 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos» e prioridade do investimento, 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes»

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad