Sthela Táboas 18/11/2021

Co ‘Medio Ambiente’ por bandeira un rapaz e unha rapaza seleccioados de cada centro de ensino porriñés, exporán no Concello as propostas consensuadas cos seus compañeiros de estudos

Un ano máis, o Concello do Porriño, para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, celebrará un Pleno Infantil, coa participación de nen@s e adolescentes do municipio, declarado “Cidade Amiga da Infancia”.

O Pleno celebrarase o venres 19 de novembro, ás 10:30 h da mañá no salón de sesións do Concello, onde acudirán unha voceira e un voceiro de cada centro de ensino do municipio, en representación de todas as nen@s e adolescentes. En total participarán os dez centros do municipio; sete colexios, dous institutos e a asociación ACEESCA. O Pleno será retransmitido na mediateca da páxina web do Concello.

A temática deste ano, seguindo as indicacións do Comite de Unicef Galicia, será o ´Medio Ambiente’. Os dous nen@s sinalados por cada centro, xunto aos seus compañeir@s, estiveron debatindo, reflexionando e preparando as propostas que presentarán mañá no Pleno Infantil; para que o Concello do Porriño sexa máis sostible e sexa quen de axeitarse mellor aos impactos do cambio climático.

Doutra banda, lembramos que este martes dous nen@s porriñeses, Carla Godoy Magalhaes e Nicolás Freiría Casal representaron ao Consello Municipal da Infancia e Adolescencia local no Parlamento de Galicia,  asistindo e intervindo no Foro de Participación Infantil e Adolescente. Este encontro, organizado polo Parlamento autonómico e o Comité de Unicef Galicia, celebrase anualmente para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad