Aforo completo no concerto que este venres ofrecerán Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui. 500 persoas poderán gozar do directo deste grupo nun dos últimos concertos da xira “Contrapunto” a partir das 21:30 h
Sobre o escenario estarán Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. O directo de Tanxugueiras é pura enerxía e potencia. Ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e forza de Tanxugueiras expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa. O seu repertorio móvese entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abandeiran causas.
Este venres en Tui intepretarán temas como O querer, Irmandade, Albedrío o Malquerenza. Tamén Desposorio, Perfidia ou Coda
Tanxugueiras recibiu en 2019 o Premios Martín Códax da Música ao Mellor grupo de Música tradicional e folk, e foron galardoadas co Premios MIN de la Música Independiente 2018 ao Mellor álbum galego.
Esta semana Tanxugueiras confirmaron a presentación da súa candidatura na preselección para o Festival de Eurovisión.