Mónica Romero 17/11/2021

A inscrición pode realizarse até ás 23 h do martes 23 en www.tui.gal

O Concello de Tui, dentro dos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organiza a Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021. Celebrarase o domingo, 28 de novembro, ás 12 h con saída dende o Paseo da Corredoira. Será un percorrido de 7 quilómetros, de dificultade doada, que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira.

Colaboran nesta actividade o Club Ciclista Locos por las Bicis, Protección Civil de Tui e a Cruz Vermella Portuguesa

A inscrición pódese realizar no enlace dispoñible en www.tui.gal até ás 23.30 h do martes 23 de novembro. As persoas que se inscriban até as 23.59 h do domingo, 21 de novembro, recibirán unha camiseta conmemorativa.

Na marcha ciclista é obrigatorio o uso de casco, e da máscara até o momento da saída, na zona de avituallamento e tras chegar á meta. Os e as menores de idade deben ir acompañados/as dunha persoa adulta.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad