Sthela Táboas 15/11/2021

Celebrarase dende o 3 ata o 6 de decembro no Conservatorio Superior de Música coa participación de 76 novos talentos musicais

O Concello de Vigo acolleu hoxe a presentación da décima edición do Concurso de Corda “Cidade de Vigo”, que contou coa participación do concelleiro de Cultura, Abel Losada, e da presidenta da Asociación Galega de Instrumentos de Corda, Elisabeth Taylor; acompañada de Pedro Fernandez Martínez e Roberto Alonso Ucha, da directiva de AGIC.

O concelleiro, Abel Losada, lembrou que “a Cultura é un sector que sufríu moito na pandemia e hai que apoialo” destacando que “ten moito mérito voltar a unha relativa normalidade” en referencia a esta décima edición do concurso.

Losada reafirmou o compromiso do Concello de Vigo no apoio ao Concurso de Corda e subliña que “a cultura é segura e cumpre a normativa sanitaria establecida”. Nesta actividade cultural tamén colabora a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.  

Este evento musical no que instrumentos de corda coma o violín, a viola,o violoncelo e o contrabaixo cobran protagonismo, reunirá a 76 concursantes, de 24 provincias españolas e tamén de Portugal, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, entre o 3 e o 6 de decembro.

A presidenta de AGIC resaltou o bo nivel dos participantes, pois “sendo o único concurso de corda para adolescentes e nen@s en España, atrae a grandes talentos nacionais”. Os participantes someteranse a un xurado composto “polo gran maestro Maximino Zumalave e profesionais de academias e conservatorios” explica Elisabeth Taylor, quen convida ao público “a que se acheguen ao concerto que ofrecerán o derradeiro día”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad