Sthela Táboas 15/11/2021

Un total de 630 mozos mosenses benefícianse da gratuidade do transporte desde 2017,  dos que 110 fixeron neste último ano a Tarxeta Xente Nova

O Concello de Mos aprobou esta mañá en Pleno a renovación do convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Vigo. Así como o convenio a tres bandas entre Concello, Xunta e empresa concesionaria do transporte urbano municipal, para a compensación tarifaria e as súasobrigas asociadas na área de transporte metropolitano.

A renovación do convenio coa Xunta para o servizo do transporte metropolitano aprobouse por maioría cos votos a favor do equipo de goberno (PP) e PSOE, e as abstencións de GañaMos, BNG e os concelleiros non adscritos Román González Garrido e Verónica Costas Campo. O segundo punto da orde do día, relativo ao transporte urbano municipal, foi tamén aprobado por maioría cos votos a favor de todos os corporativos municipais, agás a abstención de GañaMos.

Respecto do servizo de transporte en Mos a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Mobilidade mosense, Julia Loureiro, destacaron que “o Concello de Mos, xunto con Moaña que dispón dun barco que cruza a ría, e a gran urbe que é Vigo, é a única localidade da área que dispón de servizo de transporte urbano municipal; integrado ademáis no transporte metropolitano de Galicia”.

A adhesión ao convenio do transporte metropolitano de Galicia supón a Mos unha aportación económica anual do 15%, ao igual que ao resto de concellos adheridos, mentres que a Xunta de Galicia asume o 85% restante. Este gasto municipal tradúcese exactamente nunhacontía total de 6.636 eurosao ano.

Por outra banda o Concello de Mos leva investido durante os últimos 4 anos (desde o ano 2017 que entrou en funcionamento) 11.000 euros en subvencionar o transporte público a 630 mozos e mozas. Tan sóneste último ano 2021, 110 mozos mosenses fixeron a denominada TarxetaXente Nova coa que poden viaxar gratuitamente tanto no bus urbano de Mos como no metropolitano da Xunta, puidendodesprazarse libremente e de balde por toda Galicia nas 3.300 liñas de autobús autonómicas. Pola súa banda, para un adulto maior de 21 anos o importe é de 0,88 €, sen ter que aboar un novo billete se fai trasvase do transporte metropolitano ao municipal de Mos, e viceversa.

En abril de 2017 Mos integrou o seu transporte urbano no transporte metropolitano de Galicia para que os mosenses puideran beneficiarse das bonificacións nos traxectos en transporte público. As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, destacaron a este respecto que “o Concello de Mos foi o primeiro de Galicia no que funcionou a TarxetaXente Nova nos seus buses urbanos, facilitando os desprazamentos gratuitos aos menores de 21 anos”. Estes convenios permiten que a veciñanza teña trasbordos urbanos e interurbanos gratuitos (pagando un único billete de 0.88 €) agás para viaxar a Vigo, que non está adherido ao convenio coa Xunta.

Desde abril de 2015, data na que entrou en funcionamento o transporte metropolitano, realizáronse preto de 17 millóns de viaxes bonificadas e o uso do transporte público incrementouse en máis do 21%. A tarxeta de transporte metropolitano de Galicia permite aforros de ata 600 € anuais por usuario.

O plan de transporte metropolitano de Galicia inclúe cinco áreas metropolitanas: a de Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo. En todos os casos a urbe de referencia forma parte do plan e está adherida ao convenio, permitindo o pago dun billete único con gratuidade dos trasbordos, agás no caso de Vigo, pola negativa da cidade olívica. Por exemplo, se un veciño de Louredo colle o bus urbano de Mos aboará 0,88 € ao subirse, pero ao chegar a Peinador para coller o Vitrasa terá que volver a pagar 1,35 €, e o viaxe sairalle por un importe total de 2,23 €, case o triple do que lle custaría se Vigo formase parte do plan de transporte metropolitano de Galicia.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad