Sthela Táboas 10/11/2021

Este programa de información escolar trata de concienciar dende as idades maís cativas da importancia da separación lo lixo para a reciclaxe

Salvaterra de Miño segue coas acción enmarcadas dentro seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible, neste caso cunha campaña informativa entre os máis cativos do municipio. 

O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha, xunto cos Centro Educativos, un programa de sensibilización e concienciación para a correcta recollida de lixo.

Estamos nun intre crucial para o desenvolvemento sostible do noso planeta, por iso cómpre lembrar a todos os veciñ@s da necesidade de separar o noso lixo para depositalos no contenedor correspondente.

Sendo coñecedores de que temos hábitos pouco recomendables para garantir o noso ecosistema, o que se persegue con este programa é concienciar dende abaixo, dende os Centros Educativos para que os nen@s inclúan a reciclaxe como algo natural nas súas vidas.

Desde xeito, o futuro de Salvaterra e do noso planeta será máis sostible e menos violento de cara a contaminación do noso Ecosistema.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad