A iniciativa aúna gastronomía, cultura, micoloxía e formación forestal
Esta tarde ás 20.30 h celebrouse o acto de presentación da XVII Edición das Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos, que tivo lugar no Bar Miro Pereira, en Petelos.
A presentación contou coa asistencia do concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas; da experta micóloga, Puri Lorenzo; do representante da Comunidade de Montes de Mos, Ramón Muíños; e representantes dos cinco restaurantes mosenses participantes nas Xornadas Micolóxicas 2021, que ofreceron unha degustación dos pratos que van a servir na Gran Degustación de Cogomelos que se celebrará no contorno do Pazo de Mos, o domingo 21 de novembrode 12.00 a 15.00 h.
A variedade dos pratos a degustar son na Adega da Tía Carmen, croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas; por parte do anfitrión, Miro Pereira, polo en crema de setas; por parte do Bar Restaurante Curuxeira, fajitas recheas de setas e polo e tortilla de xamón e setas; por parte da Casiña da Tía Albina, filloas de champiñóns con gambas e filloas de champiñóns con gulas; e por parte da Tapería A Cova da Santa, pizza mar e monte, de salmón afumado con variado de setas.
As Xornadas son posibles grazas á colaboración de Concello e Comunidade de Montes de Mos, que as organizan conxuntamente coa participación e implicación dos hosteleiros, subvencionado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
A Gran Degustación do domingo 21 de novembro no contorno do Pazo de Mos estará complementada co V Micomercado (mercado micolóxico). A xornada gastronómica prolongarase dende as 12.00 h ata as 15.00 h. Unha exposición e consulta sobre cogomelos estará aberta ao público no Pazo de Mos, de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h. E ás 12.30 h haberá unha actuación do Grupo Acordeireta. Xa pola tarde,ás 18.00 h, actuarán Xoan Curiel e Charo Pita co espectáculo “Canta miña pedra, canta”.
Como cada ano nas Xornadas Micolóxicas de Mos, e tras o parón do ano pasado por mor da crise sanitaria da COVID-19, regresan as charlas e conferencias didácticas sobre micoloxía. Serán todas ás 20.30 h no Pazo de Mos.
O luns15 de novembro, Xosé Braulio Mondragón Abuín falará sobre ‘As 10 herbas máis importantes do bosque’. O martes 16 de novembro, Fernando Gerino Ferreirós Soutiño, dará a conferencia titulada ‘Froitos, diversidade é riqueza’. O mércores 17, Marisa Castro, Investigadora en Micoloxía no Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo, ofrecerá a ponencia ‘Intoxicacións por cogomelos’. O xoves 18, Puri Lorenzo, Bióloga especialista en Micoloxía do Grupo Micolóxico Galego Luis Freire, falará sobre ‘Cogomelos nos ecosistemas galegos’. E o venres19 de novembro, José Luis Tomé, da Federación Galega de Micoloxía, ofrecerá a charla ‘Cociñando cogomelos’.
Por último o sábado 20 de novembro de 10.00 h a 13.30 h realizarase a tradicional saída para a recollida e identificación de cogomelos, guiada por monitores especializados. Para participar é necesaria inscrición previa no Pazo de Mos, durante os días que se imparten as charlas sobre micoloxía. As prazas dispoñibles son limitadas.