Sthela Táboas 02/11/2021

Concelleiro e vendedores ambulantes acordan o traslado do mercado semanal namentres se realicen as obras de humanización en San Benito

O edil de Mercados do Concello do Porriño, Sergio Casal, xunto unha representación de vendedores ambulantes acordaron este mediodía trasladar o mercado semanal á rúa Leandro Diz. Concretamente no tramo da rúa comprendido entre o cruce coa rúa Xogo da Ola ata a cervexería ‘Cólleo con pinzas’.

Os postos instalaranse a ambos lados da rúa, a partir do vindeiro martes, día 9. A medida tómase como consecuencia do inicio, mañá mércores día 3, das obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez, no tramo que discorre ata a praza de San Sebastián, cun prazo de execución de 4 meses.

Sergio Casal, que tamén exerce como concelleiro responsable de Tráfico, asegurou que os días de mercado ambulante, o aparcamento de terra seguirá en uso e que, tamén se garantizará o acceso de vehículos á Praza de Abastos. O concelleiro manterá unha reunión informativa este venres 5, a partir das 17.00 h, para detallar como se repartirán os postos de venda e vehículos de traballo dos feirantes; así como a regulación do tráfico na zona. O encontro celebrarase no aparcadoiro de terra, na propia rúa Leandro Diz.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad