Sthela Táboas 02/11/2021

O vindeiro venres día 5 abre o prazo de inscrición para esta actividade incluída no programa municipal que consistirá nunha excursión por Ourense, Monforte e os Cañóns do Sil con todo incluído e aloxamento nun hotel-balneario

Desde a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos, dirixida pola edil Sara Cebreiro, infórmase de que xa hai organizada unha nova excursión para maiores dentro do programa municipal ‘É tempo de volver viaxar’.

Para participar na próxima actividade as persoas interesadas deberán inscribirse nela, abrindo o prazo de inscrición na mesma o vindeiro venres 5 de novembro. O devandito prazo finalizará o 15 de novembro.  

Esta viaxe está dirixida a maiores de 55 anos, residentes en Galicia e preferentemente empadroados en Mos.

Neste caso consistirá nunha estancia no Balneario SPA Ribeira Sacra do 28 de novembro ao 2 de decembro, con todo incluído e con acompañante-guía dende o día de saída ata o de chegada. O prezo por persoa será de 222 €, cun suplemento individual de 110 €. A hospedaxe será no Hotel Balneario Augas Santas e, durante a excursión, realizaranse visitas turísticas guiadas a Ourense e Monforte de Lemos e tamén se inclúe un cruceiro polos Cañóns do Sil.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad