Mónica Romero 01/11/2021

Amancio Prada percorre a súa discografía galega mañá martes no Teatro Municipal de Tui. Será no concerto “Camiño do meu contento” a partir das 20:30 h. As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos 8€ e 6€

Un percorrido pola súa discografía galega será o que ofreza o cantautor Amancio Prada mañá martes, 2 de novembro, no Teatro Municipal de Tui. O concerto comezará ás 20:30 h. As entradas, aos prezos de 8€ e 6€, pódense mercar en www.tui.gal até 10 minutos antes do inicio do espectáculo.

Dende 1974, Amancio Prada ten musicado, cantado e gravado a obra da gran poeta galega Rosalía de Castro ofrecendo concertos dende Santiago a París, Barcelona, Granada, La Habana, Oviedo ou Moscú. Ao longo da súa carreira ten musicado tamén poemas doutros autores coma Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro, Juan de la Cruz, Teresa de Jesús, Agustín García Calvo, Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre ou Gustavo Adolfo Bécquer.

O programa do concerto “O camiño do meu contento” mañá martes, 2 de novembro, ás 20:30 h Amancio Prada ofrecerá no Teatro Municipal configúrase en base a toda a discografía galega do artista: Vida e Morte (1974); Rosalía de Castro (1975); Caravel de Caraveles (1976); Lelia Doura (1980); A dama e o cavaleiro (1987); Rosas a Rosalía (1997) xunto a Real Filharmonía de Galicia; Coplas de mar e terra (1999); Rosalía, siempre (2005); Federico García Lorca, poeta en Galicia (2013) e Resonancias de Rosalía (2014).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad