Sthela Táboas 31/10/2021

A Deputación de Pontevedra destina 90.000 € ás persoas que representaron o potencial deportivo da provincia nas competicións paralímpicas e olímpicas

A provincia de Pontevedra é todo un referente en deporte, tal e como avala a participación das e dos seus deportistas nos Xogos Olímpicos de Tokio. Para elas e eles a Deputación creou este ano unha liña de axudas á que se presentaron un total de 18 atletas entre as e os que a institución provincial repartiu 90.000 € (o que supón unha bolsa de 5.000 € para cada deportista), que foron aprobados este venres en Xunta de Goberno.

Carmela Silva amosouse orgullosa ao falar da representación da provincia nos Xogos e deixou claro que os fondos chegan ás e aos deportistas “teñan acadado ou non diploma ou medalla, porque nós consideramos que o feito de participar nestes xogos xa é unha heroicidade e polo tanto esta beca ten que chegar a todas e todos os que participaron”.

@s deportistas aos que a institución provincial concedeu estas bolsas son Agustín Alejos e María Victoria Viñariño (baloncesto), María Bernabeu, Francisco Garrigos, Nikoloz Sherazadishvili (judo), Rodrigo Corrales (balonmán), Martín de la Puente (tenis), Támara Echégoyen, Nico Rodríguez (vela), Rodrigo Germade, Antía Jácome, Teresa Portela (piragüismo), Gustavo Nieves (atletismo), Susana Rodríguez (triatlón e atletismo), Gustavo Rodríguez (triatlón e ciclismo), Chano Rodríguez (natación), Juan Saavedra (tiro olímpico) e Celso Comesaña, guía de Susana Rodríguez en triatlón.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad