Sthela Táboas 14/10/2021

Baixo o título de “Nadal na casa dos Lamelo” a compañía Achádego Teatro ofrecerá unha reflexión divertida e profunda sobre a importancia da familia, en calquera das súas formas

Este domingo 17 outubro ás 20.00 h, o Centro Cultural As Pedriñas acolle a terceira obra teatral do Circuito Galego de Teatro Amador 2021, que organiza a asociación FEGATEA.

Todas as obras da programación teñen un prezo de entrada inversa, ti valoras o prezo do espectáculo. Reserva a túa entrada no correo reservasrebullon@gmail.com e non quedes sen ela!.

A obra que se representará na vindeira xornada dominical será “Nadal na casa dos Lamelo”, de Achádego Teatro. Trata dunha farsa familiar en tres actos, que afonda nas relacións humanas e xoga cos típicos conflitos familiares. É unha comedia, case dramática. Unha reflexión divertida e profunda sobre a importancia da familia, en calquera das súas formas.

Sinopse:

Unha familia que prepara un ano máis o Nadal. Un Nadal especial para todos e cada un deles porque despois destas festas xa nada será igual nas súas vidas. O Nadal, un dos momentos máis familiares do ano, serve de escusa para esta comedia na que realidade e ilusión, tradición e modernidade, conflito social e conflito persoal, entrelázanse poñendo fronte a nós un espello no que mirarnos, un lugar onde recoñecernos na forma ou no fondo.

Vivimos tempos convulsos e difíciles, non é doado saír adiante e facer que todo funcione, menos mal que sempre podemos contar coa familia…ou non.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad