Sthela Táboas 08/10/2021

A alcaldesa informou ao presidente do Cabildo da Palma da achega de 20.000 € acordada polo Concello do Porriño

Esta mañá enviouse a carta que a alcaldesa Eva García dirixe ao presidente do Cabildo da illa de La Palma, Mariano Hernández, informándolle da axuda económica que o Concello do Porriño acordou para os afectados polas erupcións volcánicas.

A rexedora apórtalle o acordo da corporación municipal, acadado no pleno ordinario do 29 de setembro, de enviar unha achega de 20.000 € que se ingresará na conta creada polo propio cabildo insular.

Eva García de la Torre indica na carta que Porriño “é un concello de máis de 20.000 habitantes e non me equivoco se afirmo que o 100% da poboación empatiza co seu sufrimento e o dos seus con cidadáns; vendo como vidas, traballos, bens, historias quedaron completamente trocadas polas consecuencias devastadoras que está a ocasionar o volcán”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad