Sthela Táboas 08/10/2021

O Xulgado do contencioso nº2 de Pontevedra acaba de anular a resolución do Concello de Mos, mediante a cal Nidia Arévalo obrigou a retirar unha pancarta reivindicativa dunhas instalacións propiedade da Comunidade de Montes de Tameiga

A sentenza ordea ademáis a devolución da sanción imposta polo Concello de Mos

 

A Comunidade de Montes de Tameiga denuncia “a campaña de acoso e persecución de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos contra todo veciño ou colectivo que exprese o seu rexeitamento contra a expropiación e recalificación do monte comunal de Tameiga, para a construción dun Macro Centro Comercial. Pelotazo urbanístico do que a rexidora do Partido Popular é a principal promotora”.

Indican que “non é o primeiro intento de Nidia Arévalo de calar á veciñanza mediante denuncias ou sancións municipais, facendo abuso do poder que lle confire o seu cargo”. A Comunidade lembra que “todos @s veciñ@s que foron acusados por elas foron absoltos pola xustiza, que desetimou todas e cada unha das acusacións da alcadesa. Anteriormente foi a Xunta Electoral de Tui quen desestimou as denuncias do Partido Popular, pretendendo que se obrigase a retirar as pancartas reivindicativas das casas particulares da veciñanza comuneira”.

Sinalan que “o despotismo da alcaldesa de Mos topou de novo coa reprobación da Xustiza, quen anulou o procedemento de sanción aberto polo Concello de Mos contra a Comunidade de Montes, pola colocación dunha pancarta reivindicativa dentro das propias instalacións da comunidade”.

Na sentenza, o xulgado nº2, recalca que “a actuación municipal promovida por Nidia Arévalo está vulnerando o dereito de liberdade de expresión, intentando acalar os actos de  protesta da veciñanza, facendo un uso arbitrario da súa autoridade como alcaldesa”.

O novo presidente da Comunidade de Montes de Tameiga, César Lago asegura “A xustiza está da nosa parte. Non van conseguir amedrentarnos, a veciñanza comuneira seguirá defendendo o monte comunal a pesar da campaña de acoso que sufrimos por parte da alcaldesa de Mos”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad