Sthela Táboas 08/10/2021

A empresa “RS Motor PowerSolutions” doa este motor de grandes dimensións para instalar na rotonda do PPI 5 na que conflúen tres estradas

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Vías e Obras,  Lourdes Moure, visitaron a empresa “RS Motor PowerSolutions”, situada no polígono PPI 5, onde lles informaron da doazón dun gran motor para instalalo na rotonda situada fronte ás instalacións da compañía na Granxa.

O motor trátase dun “Deutz” de 10 t, que foi retirado dunha depuradora e será restaurado pola propia empresa para a súa posterior instalación na rotonda, en colaboración cos servizos técnicos municipais.

Xunto ao xefe de persoal da compañía, José Antonio Olmedo, a edil e a rexidora coñeceron de primeira man o almacén de “RS Motor”, onde foron recibidos polos socios propietarios, Ramón Gómez Rúa e Agustín Alonso,  xunto  a  xefa de administración, Celia Villar e a community manager da firma, Analía Martínez.

Eva García agradeceu no nome do Concello a doazón que fará a empresa. A comitiva comprobou no lugar o punto onde se instalará, na rotonda onde conflúen tres estradas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad