Sthela Táboas 28/09/2021

Foi o propio deportista quen esta mañá redescubríu a placa na que se recollen os 8 deportistas tudenses que participaron nuns Xogos Olímpicos

Este mediodía tivo lugar na rúa Olímpicos Tudenses a recolocación da placa cos nomes dos deportistas tudenses que teñen participado nuns Xogos Olímpicos tras a incorporación do nome de Gustavo Rodríguez Iglesias, medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Tokio en Triatlón PTVI.

Foi o propio Gustavo Rodríguez, acompañado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e membros da corporación municipal, e dos seus pais o encargado de descubrir a placa.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembrou a colocación da placa en novembro de 2012 para homenaxear aos deportistas tudenses que teñen participado nuns xogos olímpicos,  un total de oito na actualidade. Indicou o rexedor que “ogallá teñamos que redescubrir esta placa moitas veces e seguir engadindo nomes, porque iso é moi positivo”. Tivo palabras de agradecemento para Gustavo Rodríguez, e os deportistas que levan o nome de Tui en competicións tanto a nivel nacional coma internacional “nos sentimos sumamente orgullosos do seu traballo e de todos aqueles que participan no mundo do deporte, tanto os deportistas, coma das moitas persoas que de forma totalmente altruísta fan o traballo de dirixir clubs, de adestrar, que dedican moitas horas da súa vida, para que o deporte tudense estea no nivel na que está e do que nos sentimos moi orgullosos”.

Gustavo Rodríguez indicaba que a placa sitúase nun punto emblemático para el “xa que aquí vimos moitas veces a nadar, e poder ver o meu nome aí é un pouco constatar un feito que aínda está recente, e que se está comezando a asimilar, que é a participación e medalla nos xogos paralímpicos”. Manifestou que para él é un “orgullo representar a Tui”  e agradeceu o apoio recibido.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad