Sthela Táboas 28/09/2021

A inscrición atópase aberta tanto por vía telefónica como por  e-mail (mos@aecc.es) ten un percorrido de 5 km e un prezo de 5 €

Coincidindo co Día Mundial da Investigación contra o Cancro e o Día Mundial do Cancro de Tiroides, o pasado venres 24 de setembro, o Concello de Mos anunciou unha andaina prevista para o vindeiro 3 de outubro, organizada conxuntamente entre AECC Mos e a administración local mosense, baixo o lema ‘En marcha por un futuro sen cancro’.

Trátase da II Andaina Solidaria AECC que percorrerá a Senda Petelos-Tameiga, cunhalonxitude de 5 km. O nivel de iniciación desta andaina faina apta para todas as idades e resulta unha opción ideal para pasar unha mañá de domingo en familia.

Requírese de inscrición previa para poder participar e as persoas interesadas poden inscribirse desde xa telefónicamente na Piscina Municipal, o Multiusos das Pozas, na sede de AECC Xunta Local de Mos, ou no enderezo de correo electrónico mos@aecc.es

O prezo de inscrición é de 5 € por persoa e inclúe entrega de dorsal, bolsa con avituallamento, e participación en sorteos. A salida da andaina producirase ás 10.00 h da mañá do domingo 3 de outubro desde o Multiusos das Pozas.

O Día Mundial de Investigación contra o Cancro é unha data que ten por obxectivo seguir impulsando os proxectos e investigacións que buscan axudar na loita contra o cancro, logrando mellorcalidade de vida nos pacientes ou a cura definitiva de certos tipos de tumores. O propósito deste día é seguir incentivando á sociedade médica a que xeren novos descubrimentos que poidan axudar a frear ou eliminar os tumores do cancro nas persoas. Entender o porqué da súa orixe e buscar maneiras de evitalos. Cada ano durante esta data en España entrégase o premio “V de Vida” que busca dar financiamento e recoñecemento aos médicos oncólogos que descobren novas formas de alongar ou mellorar a vida dos pacientes con cancro.

Por outra banda o Día Mundial do Cancro de Tiroides celébrase tamén o 24 de setembro de cada ano. O principal motivo desta data é dar a coñecer un pouco máis desta enfermidade, que representa unha das doenzas máis recorrentes nas mulleres e que require un diagnóstico oportuno para así evitar maiores complicacións.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad