Sthela Táboas 28/09/2021

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo convoca esta concentración solicitando máis profesionais e máis medios para os Centros de Saúde e os PAC

A Atención Primaria está en perigo, como lembra mensualmente o grupo EU Son, polo que “unímonos á convocatoria da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo apoiada por SOS Sanidade Pública e as plataformas de todas as localidades”.

Ante esta situación, veciñ@s dos Concellos desta área sanitaria dan un paso adiante “constituíndose en plataformas en defensa da Sanidade Pública; hai que dicir alto e claro que non imos permitir que nos rouben a atención primaria, que non imos permitir que nos rouben a nosa saúde”, indican dende EU Son.

Xunto as plataformas en defensa da sanidade pública de toda a área sanitaria de Vigo”comunicamos o noso apoio á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo para o vindeiro xoves 30 de setembro, ás 20:00h diante do PAC da rúa Pizarro, en Vigo”.Deste xeito a concentración mensual que levan facendo dende hai catro anos no Porriño, trasládase á loita pola Atención Primaria nas rúas de Vigo. EU Son fai “un chamamento á participación masiva da veciñanza do Porriño para reivindicar, conxuntamente coa dos concellos da contorna, máis persoal e máis medios para á atención primaria”. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad