Mónica Romero 21/09/2021

Antes de final de ano procederase á instalación de tres plataformas de “skate” na zona do foso

O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar a obra de reparación do valado da pista polideportiva do Parque Público A Canuda. Deste xeito, a pista luce unha imaxe máis rexuvenecida e segura para a práctica deportiva.

Por outra banda, tamén están a rematar as obras na zona da piscina, onde se está cambiando o peche perimetral, as aceras e procederase a replantar toda a zona de herba, obra que confian se a situación sanitaria o permite poida desfrutarse para o próximo verán..

Antes de final de ano  procederase á instalación de tres plataformas de “skate” na zona do foso, para completar un espazo moi utilizado por numeroros rapaces e rapazas.

Para rematar, procederase tamén a cambiar a rede que rodea as pistas de tenis, modernizando a contorna deportiva de toda a zona e lucindo unha imaxe renovada e práctica.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad