Mónica Romero 21/09/2021

A contorna do centro escolar será un lugar máis seguro gracias a un investimento de 186.000 € financiado nun 80% pola Deputación de Pontevedra

Salvaterra xa ten adxudicada a mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 € e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20% polo concello de Salvaterra. Así o anunciou a presidenta provincial, Carmela Silva, tras aprobación desta adxudicación na última sesión da Xunta de Goberno.

As actuacións, enmarcadas no modelo de mobilidade sostible, segura e amable da Deputación de Pontevedra, servirán para mellorar a seguridade e mobilidade das persoas ao realizar un camiño escolar seguro cara o colexio de Leirado. Ademais, executarase unha senda peonil de 2,5 m de ancho dende o CEIP ata o cruce coa PO-402, reducirase a velocidade a 30 km/h diante do centro escolar e executarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do colexio de forma segura.

Tamén se creará unha beirarrúa de formigón coloreado que dea continuidade ao itinerario peonil e unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. Finalmente, as obras contemplan a execución dunha nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad